martes, 17 de febreiro de 2015

INVASORAS. GONIPTERUS NA GROBA

Exemplares de Gonipterus adultos atopados na serra da Groba.
Estes comedores de follas tenras de eucalipto están a ser unha plaga invasora que fai secar moitas árbores de eucalipto. Están a sendo un vingador silandeiro,  polo mal que se lle ten feito a moitas partes do noso monte.
O malo das pragas é que o seu control escapa da man do home e, as máis das veces, tentase remedialas con potentes insecticidas que aínda fan máis mal que o propio gonipterus, ao rematar con todo insecto que se atope no radio de acción do tratamento agresivo, que tamen contamina as  augas e remata con aves e outra fauna ligada no mesmo medio.
O próximo xoves 26 de febreiro comezará na Aula de cultura Ponte de Rosas do IEM, unhas xornadas sobre especies invasoras, para ver e analizar outras especies que están impactando fortemente na nosa bisbarra, como poden ser o Vermello Picudo das palmeiras, a Avespa Velutina que tanto mal está a producir nas colmeas e na natureza do Val Miñor. Noutra xornada do xoves 5 de marzo, falarase do Ranavirus que está matando as nosas rás, píntegas e tritóns, e da Cortadeira selloana  ou herba das pampas, eses plumeiros que están invadindo solares e riberias dos ríos en toda a bisbarra.
Iremos achegando información nos próximos días, co programa completo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario