venres, 20 de febreiro de 2015

INVASORAS SILENCIOSAS



O próximo xoves día 26 de febreiro comezamos as xornadas sobre especies invasoras que están producindo moito mal nos nosos ecosistemas.
Serán dúas xornadas, os voves 26 de febreiro e o 5 de marzo,, e nelas tentaremos amosar algunhas das especies invasoras que máis están a afectar ó Val Miñor.  Comezaremos coa cortadeira, esa pranta que podemos ver nas beiras dos ríos, nos montes e incluso nos xardíns dalgúns concellos e, moi preocupantemente, na propia foz do Miñor, nas xunqueiras. Unha pranta oportunista que aló onde se moven terras ou se depositan entullos, medra sen control. Será Miguel A. Fernández Martínez quen nos fale dela.
Nesta mesma xornada, Antón Vazquez Caamaño, falará do picudo vermello das palmeiras, que tantos estragos está a causar nas palmeiras máis vedraias do Val Miñor, Aproveitará para falarnos dalgunha outra praga que tamén nos está afectando.
O día 5 de marzo, tocarálle falar a Cesar Ayres sobre enfermedades infecciosas emerxentes, que están acabando coas rás, píntigas e outros anfibios, e tamén aproveitaremos para que nos fale do parásito que está acabando cos sapoconchos galegos, introducido polas tartarugas de florida que a xente solta sen control nos nosos ríos.
Suso Asorey falará doutras invasoras perigosas para o noso medio, as avespas velutinas, que xa se instalaron en toda a bisbarra dun xeito masivo e que tantos danos están producindo aos apicultores e  as nosas avellas e froitas.
Teremos coloquio,  e tentaremos que se poidan aclarar dúbidas e,  sobor de todo, plantexar medidas a tomar entre todos para poder  facerlle fronte a estas ameazas.
A entrada é libre,  e todo o mundo que esté interesado en asistir só ten que achegarse pola Aula de Cultura Ponte de Rosas,sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na avenida da Feira nº 8, baixo, en Gondomar, perto dos institutos de Ensino Medio e do Pavillón dos deportes de Gondomar. As palestras serán ás 20,30 h.
Estades convidados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario