xoves, 6 de agosto de 2015

PRECISAMOS AXUDA

PRECISAMOS  AXUDA


O venres 6 de xullo de 2012 publicabase no DOG o  que se deu en chamar Decreto Equino. Decreo 142/2012, de 14 de xuño.

Este decreto veu a supor para os garranos, as chamadas burras do monte na nosa contorna, un golpe moi duro,  que veu provocando dende antes da súa publicación oficial, e perante todo o proceso da súa tramitación,  unha perda de exemplares nos nosos montes, que foron vendidos para mercados exteriores  ao noso país,  ou sacrificados. Parella a esta baixa do número de exemplares nos nosos montes  deuse unha baixa aínda máis preocupante e de dificil recuperación,  no número de propietarios  que posuían algún exemplar e, perante xeracións mantiveron viva a tradición de acurrar as bestas e vixialas nos nosos montes e serras. Na Serra da Groba foi demolededor o efecto deste Decreto Equino, provocando que en moitas parroquias onde tradicionalmente se chegou a ter censados alomenos un exemplar por familia ou casa aberta, agora non haxa nengún. Como medida defensiva,  e por parte dalgunhas famiias e veciños, fixeronse intentos de mercar exemplares para que non se seguise producindo esa baixada tan grande nalgunhas zonas, quedando os marcos familiares e os exemplares máis novos  e fertiles en mans de propietarios que xa teñen outros marcos e exemplares distribuídos en distintos curro e zonas. Sendo este un remedio aparente( consiguese frear a perda  masiva de exemplares reprodutivos) non o é na realidade a poucos anos vista,  nen tendo en conta outros factores que son vitais para o mantemento da supervivencia da tradición dos curros e a presenza dos garranos dun xeito equilibrado e controlado na Groba. É facil de entender si pomos un exemplo e logo aclaramos algunhas cuestións.  Imaxinade que unha  persoa  a que lle gustan os cabalos  e é aficionado ao mundo equino  con moitos posibles decide mercar burras na Groba e deixalas ceibas ( poñamos por caso un emir de Katar ou un veciño da Coruña que se chame Amancio ou se apelide Ortega)  . Podería mercalas todas por moi pouco diñeiro,  e non lle suporía un grande esforzo económico dado o valor material, prezo de mercado, que teñen. O problema viría non polo número de exemplares que habería no monte, se non polo numero de propietarios que son os que se encargan de vixiar, controlar e xuntar as burras para facer os curros e para que non baixen as terras cutivadas, estradas e lugares non axeitados. Chegaría a primavera, (aínda no suposto de que estes mecenas pagasen  a alguén para que fixese de” garda das burras” perante o ano para que non baixasen  aos campos)  e non habería xente para facer o cordón  e levar as burras aos curros; non habería xente para sacalas do curro e marcalas ou rapalas. Aínda prescindindo de rapalas e desparasitalas, non habería xente abondo  para seguir facendo os curros.

A perda é grande e a posible recuperación dificil. Mais non imposible. Fai falla un novo Decreto que teña en conta a singularidade das nosas burras e a riqueza que supón a nivel cultural, etnográfico e natural a súa existencia e persistencia nas nosas serras. Un Decreto que valore a un animal singular ( Equus ferus atlánticus) que moi probablemente sexa unha especie non catalogada de un equus  ancestral que logrou subsistir nas nosas serras aparentando o que non é, un cabalo, usado e tratado como tal, e aproveitado dende tempos ben recuados para tirarlle partido cando o mundo non sabía de motores, tractores ,  estradas e autopistas. Dende os romanos que conquistaron as terras da  Gallaecia ata os curas, tratantes, médicos  e mestres que ían de parroquia en parroquia a lombo das nosas burras a predicar, ensinar, curar ou facer negocios. Ou aqueles que os puxeron  tirando dos carros e os arados alí onde non chegaban os bois, por non ter cartos ou facenda  para mantelos.
Si se pode correxir o devalo das burras do monte da Groba. Si se pode ordear axeitadamente o seu ciclo vital para que poidan seguir aí, como ata o de agora, sen producir danos nen perxuizos, coidando e prestando atención aos incidentes que se poidan dar, cun regulamento que poña en valor este patrimonio único que temos en Galicia, coas súas singularidades . Os problemas teñen solución cando se encaran de fronte e con diálogo, e con gañas de resolvelos. Partindo da idea de que é un valor a potenciar e non un atranco que hai que eliminar, como parece que asemella se entende na redacción dun decreto imposibe de cumprir polos propietarios das burras do monte ou garranos da Groba ou o Galiñeiro.

Varias asociacións apoiamos un Recurso Contencioso Administrativo que se puxo contra o decreto Equino.  Este recurso foi desestimado pola Sección 002 da Sala do Contencioso Administrativo do  Tribunal  Superior de Xustiza de Galicia, con data 16 de abril de 2015.
Con data 24 de abril de 2015, presentouse escrito pedindo complemento de setencia.
Agora presentouse ante o Tribunal Supremo do reino de España outro recurso de casación para o que se percisa o seguinte orzamento:


PRESUPOSTO RECURSO DE CASACIÓN

A) Honorarios Letrado:
- N. 76: Preparación Rec. Casación: 300'00€
- N. 77-a) Interposición: 2.325'00€
B) Dtos. Procurador:
- Preparación Rec. Casación: 66,80€
- Interposición Rec. Casación: 267,20€
C) Tasas Xudiciais:
- Importe Fixo: 1.200'00€
- Importe Variable: 90'00€
4.249'00€
Ive (21%) s/ A) y B) (2.959€): 621'39€
Total: 4.870'39€

Ante esta situación e a escasa capacidade económica dos que apoiamos o recurso, e polo que facemos un chamamento dende SOS GROBA, para que todos/as os que queirades apoiarnos nesta loita na defensa dos garranos da Groba, o fagades aportando a cantidade que estimedes,  nunha conta que se creará e que comunicaremos neste blogue e no facebook  de SOS GROBA cando a coñezamos.
As aportacións serán adicadas  esclusivamente a este fin e serán publicadas por SOS GROBA, sempre que o doante  asi o queira e/ou o permita, nunha relación detallada. Os doantes poden figurar na lista só co nome, ou co nome e a cantidade aportada,  ou mantendo o anonimato si a sí se prefire.
Chegados a cantidade necesaria, farase  unha nota  publica e pecharase a conta. SOS GROBA vai aportar dos seus cativos  fondos unha cantidade que se vai determinar polos membros da asociación. A si mesmo individualmente faremos cada quen as achegas que poidamos e que como calquera publicaremos individualmente.
Mentres non se crea a conta,  podedes dirixirvos por correo a SOS GROBA grobaviva@gmail.com  para indicar a vosa vontade  de aportación, para ir facendo as previsións que temos que facer chegar aos compañeiros da Asociación Monte Acibal , Asociación Lobo, Propietarios de  Garranos do Monte da Groba e Curro de Sabucedo e persoas  individuais que ata agora apoiaron o recurso.

 Este recurso supón seguir tentando negociar coa Xunta e con quen  faga falla,  para que se recoñeza que os garranos non son gando, nen animais domésticos, e que teñen que ser tratados dun xeito singular cun regulamento específico que faga posible a súa convivencia nos nosos montes cos usos tradicionais do monte e os dereitos  das xentes que os posuen e aproveitan dende sempre, e a pervivencia dos curros como ben patrimonial de interese cultural e etnográfico.

Grazas a todas/os polo voso apoio, sexa cal for.

Ningún comentario:

Publicar un comentario